No pobo dos ratos
é cousa normal
que a xente teña
afeizón musical.
Os curmáns de Luisa
que son moi festeiros
armaron unha banda
que toca de medo.
Rubén toca o saxo,
Raúl o trombón,
Rosa a trompeta,
Roxelio o tambor,
Ramón toca o bombo,
Rita toca a frauta,
Roque o clarinete,
Raquel toca a gaita,
Román toca os pratos,
Rodrigo a tuba e
Roberto dirixe coa súa batuta.
Cando desfila
polas rúas da vila,
todos os veciños
saen para oíla.
ESCRITO POR: Mon Daporta Padín
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Cando actúa esta banda??
E que hai que ir a ve-la!!!
Gústame moito a variación de textos que publicas nos teu blog. Sigue asi wapa!!
Ata vernos!!!
Saúdos!!!
Publicar un comentario